Epigrafías [concurso]

Proposta presentada para o Concurso de Ideas para a remodelación da “Praza do Concello” de Sober (Lugo) e a súa entorna | Propuesta presentada para el Concurso de Ideas para la remodelación de la “Plaza del Concello” de Sober (Lugo) y su entorno.

Referencias

INTENCIÓNS | INTENCIONES

Pretendemos traslada-la materialidade da paisaxe de Sober. Unha materia feita de pedra transformada en eiras, lagares, socalcos e mesmo ruinas, mais tamén da materia viva feita de árbores, uces, carqueixas… Logo ven a forma, a través dun traballo mínimo  adáptanse os cachos, compoñendo un aparello libre de pezas lonxitudinais. O verde será un recorte frondoso ou un elemento illado, a presenza dun elemento -hoxendía ausente- que lle rouba espazo á grande superficie inerte.

Finalmente vén a acción comunicativa, unha narrativa que recupera a epigrafía en pedra, presente neste territorio ao longo da historia en forma de petroglifos, miliario, marcos,… Entendemos que este é o único mecanismo válido para integrar moitas dos referentes da paisaxe.

A intervención céntrase na praza e a súa contorna inmediata, no ámbito restante optamos pola regularización dos patróns xa executados (Rúa Progreso e proximidade do Campo da Feira). A partires deste contraste, preténdese a consolidación de dous tipos de actuacións ben definidas, que permitan a súa trabazón e continuidade histórica.

Pretendemos trasladar la materialidad del paisaje de Sober. Una materia hecha de piedra transformada en eras, lagares, socalcos (terrazas) e incluso ruinas, además de la materia viva hecha de árboles, brezos, carquecía … Luego viene la forma, a través de un trabajo mínimo se adaptan las piezas, componiendo un aparejo libre de piezas longitudinales. El verde será un recorte frondoso o un elemento aislado, la presencia de un elemento -actualmente ausente- que le roba espacio a la gran superficie inerte.

Finalmente viene la acción comunicativa, una narrativa que recupera la epigrafía en piedra, presente en este territorio a lo largo de la historia en forma de petroglifo, miliario, marcos … Entendemos que este es el único mecanismo válido para integrar las referencias del paisaje.

La intervención se centra en la plaza y en su contorno inmediato, en el ámbito restante optamos por la regularización de los patrones ya ejecutados (Calle Progreso y cercanía del Campo de la Feria). A partir de este contraste, se pretende la consolidación de dos tipos de actuaciones bien definidas, que permitan su trabazón y continuidad histórica.

esquema_01A activación do espazo central como zona comercial aberta é posible na medida en que a rede viaria permite o acceso ao perímetro desta zona. Deste xeito podemos considera-la na súa extensión como zona peonil ou semi-peonil. Nos accesos principais compleméntase a oferta de aparcadoiro, acadando as 50 prazas esixidas.

La activación del espacio central como zona comercial abierta es posible en la medida en que la red viaria permite el acceso al perímetro de esta zona. De esta manera, podemos considerarla en su extensión como zona peatonal o semi-peatonal. En los accesos principales se complementa la oferta de aparcamiento, consiguiendo las 50 plazas exigidas.

 USOS PROPOSTOS | USOS PROPUESTOS

esquema_02A zona comercial aberta planteada abrangue a delimitación que se presenta no esquema superior; engadindo espazos aptos para esta función como son a Rua Progreso, A Praza de Abastos e o Campo da Feira. No caso da Feira do Viño óptase por trasladar o conxunto de postos (27+3) á Estrada de Monforte (no cantil da Alameda), mantendo a zona central da Praza do Concello como o principal espazo festivo da Feira (actuacións musicais-banda de música…). A zona comercial aberta permite a implantación dos 300 postos.

La zona comercial abierta planteada abarca la delimitación que se presenta en el esquema superior; añadiendo espacios aptos para esta función como son la Calle Progreso, la Plaza de Abastos y el Campo de la Feria. En el caso de la Feria del Vino se opta por trasladar el conjunto de puestos (27 +3) a la Carretera de Monforte (en el cantil de la Alameda), manteniendo la zona central de la Plaza del Ayuntamiento como el principal espacio festivo de la Feria (actuaciones musicales-banda de música …). La zona comercial abierta permite la implantación de los 300 puestos.

FASES DE EXECUCIÓN | FASES DE EJECUCIÓN

esquema_03Tendo en conta os dous tratamentos considerados,  pártese por unha primeira intervención sobre a Praza do Concello propiamente dita e parte da beirarrúa da Estrada de Monforte. Este primeiro tratamento esténdese nunha segunda fase ás beirarrúas restantes de Estrada de Monforte. Finalmente o conxunto das rúas Estreita-Comercio-Avenida de Belán estenden o tratamento da Rúa do Progreso.

Teniendo en cuenta los dos tratamientos considerados, se parte de una primera intervención sobre la Plaza del Ayuntamiento propiamente dicha y parte de la acera de la Carretera de Monforte. Este primer tratamiento se extiende en una segunda fase a las aceras restantes de Carretera de Monforte. Finalmente el conjunto de las calles Estreita-Comercio-Avenida de Belán extienden el tratamiento de la Calle del Progreso.

praza sober