Limiar

Concurso de proxectos, a nivel de anteproxecto, con intervención de xurado, para a rehabilitación de construcións no lugar de Fondodevila para destinalas a vivendas para residentes no Concello de Parada de Sil (Ourense) 

Concurso de proyectos, a nivel de anteproyecto, con intervención de jurado, para la rehabilitación de construcciones en el lugar de Fondodevila, para su destino a viviendas para residentes en el Concello de Parada de Sil (Ourense)

Se a paisaxe tradicional galega foi cóncava e a prehistórica convexa, a paisaxe posrural é plana.
Criado Boado, F. (dir) (2016): ‘Atlas Arqueolóxico da Paisaxe Galega’, pp. 277.
Vigo, Edición Xerais de Galicia.

Un novo hábitat sobre a ruína

A materialidade da paisaxe, a súa arqueoloxía, poden ser a salvagarda da expresión de modos pasados de habitar. O sustento dunha identidade contemporánea en base a valoración do patrimonio arqueolóxico permite o afrontamento da nosa complexidade sen recurso a solucións ‘planas’.

Os restos, a estrutura da ruína sobre a que se actúa é complexa, como tamén o é o obxectivo da intervención, e tamén o debate cultural que subxace,…, diferentes planos, diferentes problemas. Nesta liña, o arranque do concurso é inequívoco, preténdese a ‘activación’ dun conxunto colapsado no lugar de Fondodevila, formulando un programa mínimo de catro vivendas e cun orzamento pechado. Porén, no intre de dar un paso máis, o enunciado ábrese, instando á definición da solución máis apropiada ao caso, ben en forma de áreas diferenciadas, ben como un espazo ou suma de espazos versátiles e adaptables.

A cerna do proxecto xurde aquí, no acoutamento dunha solución que permita abranguer –aínda que sexa parcialmente- cada un dos planos descritos: A cuestión patrimonial, a programática, a crítica, e a medioambiental.

Un nuevo hábitat sobre la ruina

La materialidad del paisaje, su arqueología, puede ser la salvaguarda de la expresión de modos pasados de habitar. El sustento de una identidad contemporánea en base a la valoración del patrimonio arqueológico permite el afrontamiento de nuestra complejidad sin el recursos a soluciones ‘planas’.

Los restos, la estructura de la ruina sobre la que se actúa es compleja, como también lo es el objetivo de la intervención, y también el debate cultural que subyace,…, diferentes planos, diferentes problemas. En esta línea, el arranque del concurso es claro, se pretende la ‘activación’ de un conjunto colapsado en el lugar de Fondodevila, formulando un programa mínimo de cuatro viviendas y con un presupuesto cerrado. Sin embargo, en el momento de dar un paso más, el enunciado se abre, instando a la definición de la solución más apropiada al caso, bien en forma de áreas diferenciadas, bien como espacio o suma de espacios versátiles y adaptables.

El eje del proyecto surge aquí, en la acotación de una solución que permita abarcar –aunque sea parcialmente- cada uno de los planos descritos: la cuestión patrimonial, la programática, la crítica y la medioambiental.

Hipótese

Atendendo á problemática descrita, corresponde o modesto plantexamento dunha hipótese de partida. Unha hipótese avaliable unicamente polo convocante, e que incentive a acción transformadora, creadora dun novo hábitat. Sempre mantemos que a alteración física do espazo non conleva necesariamente a modificación das pautas de utilización. O cambio social é paulatino, e a intervención material no escenario devén en incentivo ou catalizador, máis aló da súa consideración como infraestrutura ou suporte.

Hipótesis

Atendiendo a la problemática descrita, corresponde el modesto planteamiento de una hipótesis. Una hipótesis evaluable únicamente por el convocante, y que incentive la acción transformadora, creadora de un nuevo hábitat. Siempre mantenemos que la ‘alteración física del espacio no produce necesariamente la modificación de las pautas de utilización. El cambio social es paulatino, y la intervención en el escenario deviene en incentivo o catalizador, más allá de su consideración como infraestructura o soporte.’

1) Materialidade: O aspecto arqueolóxico supón o punto de partida máis evidente. A presenza da ruína é subxugante, e alerta da riqueza tipolóxica e o artellamento formal da arquitectura popular da zona. O conxunto ocupa unha couzada compacta de planta circular que se prolonga alén do rueiro cara ao leste.
No parte nuclear identifícanse dous cubos en vividoiro no primeiro andar e probablemente cortes no ras do chan. As pezas restantes semellan ter acubillado usos accesorios.., bodegas ou sequeiros,…, no caso do forno esta circunstancia está fóra de dúbida. Na outra beira do rueiro identifícanse os restos dunha palleira, así como o tránsito de carros ata a horta interior. No andar superior suponse a continuación do vividoiro da peza central.

As consultas no emprazamento non foron moi proveitosas. Constatouse o abandono do inmoble dende hai varias décadas (probablemente principio dos oitenta), unha veciña trasladaba a vaga lembranza da presenza dun comedor na parte voada, engadindo que a lareira estaba na planta alta da parte central…, pero disto xa hai moito tempo.

A lectura actual do conxunto non permite facerse á idea da riqueza deste mundo esmorecido. A presenza esgrevia dos muros espidos, a sucesión de limiares e ocos no xogo de claro escuros, a invasión de vexetación espontánea…, amosan un estado decadente dotado dunha grande beleza que desdebuxan a lóxica funcional primixenia. Estes restos trasladan unha sorte de sabedoría acumulada durante centos de anos, ao tempo que a presenza da natureza transmite a cualidade da existencia silandeira.

Fálase de construción, e por tanto de materia, pero esta materia parece non necesitala forma. Dende o actual abandono, o que permanece vén de inserirse nunha nova paisaxe sosegada e asumida, definitivamente tranquila, en silencio.

2) Programa: A supeditación á rotunda presenza do suporte obriga a simplificación desta cuestión. Apóstase pola inclusión de catro vivendas independentes de dous dormitorios, e o desenvolvemento separado dos espazos comúns. A inserción destas novas funcións enténdese que trunca a continuidade histórica pondo a proba a aptitude do contedor para a creación deste novo hábitat.

Este posicionamento non é innovador no doméstico. Porén a parte común tende a potenciarse, para o cal previuse a creación dun local multiusos no inmoble separado da couzada central. No andar baixo acubillase unha estancia de traballo e reunión en contacto coa zona libre da parcela. Esta zona aquélase para a implantación de horta e todo tipo de actividades complementarias da vivenda (secado de roupa, reparación de enseres, tratamento de residuos-compostaxe…, xogos, lecer). O local procura ser reclamo para a actividade de profesionais liberais con capacidade de deslocalización, aínda que sexa temporalmente.

É importante considerar a relación destas vivendas coa contorna inmediata. Se a reserva para usos hortícolas é insuficiente, pódese potencia-la reconversión dos modos tradicionais de explotación no alfoz (recolleita de froitos e leña-biomasa nos soutos, aumento de superficie cultivada nas leiras próximas , apicultura, viticultura…) . A vivenda orixinal contaba con sequeiro, bodegas, palleira…, gardando a meirande parte do espazo para a xestión e almacenamento do produto agrogandeiro. Esta proporción québrase na intervención, obrigando a modificación dos muros nas estancias, nomeadamente na fachada leste da couzada. O forno e o paso cuberto mantéñense como ámetos para compartir. O paso conservaría as trabes, termando un emparrado que permita gorecerse do sol estival.

3) Revisión crítica: A intervención no rural galego está no centro do debate cultural. A polémica en torno ao feísmo non debe considerar unicamente o resultado estético, senón establecer uns trazos identitarios que permitan valorar efecto da acción histórica coletiva sen desligala da conciencia contemporánea. A intervención pública debe realizarse dende a reafirmación, dende o convencemento de que a arquitectura – imaxe da noso tempo- pode desenvolverse respectando a memoria, rexeitando o exhibicionismo e valorando o momento cultural.

As ideas motoras son as seguintes: (1) ser fieis á orixe deste espazo, (2) respectalo tempo, (3) valorar os aportes. Non se trata entón dunha restauración, nin da rendición perante e evocación da ruína; trátase da inclusión dun nova orde nunha carcasa incompleta. A ‘cirurxía’ non é totalmente invasiva pois conserva o aspecto da estrutura muraria. Porén o resultado global é transformador, expresión dun novo modo de habitar.

4) Compromiso medioambiental: A conciencia ambientalista emerxe como un dos piares no que asentar a profunda revisión que precisa a (re)creación do hábitat. Na actualidade asístese á xeración dun conxunto de estratexias, estándares e ferramentas que axudan a asumi-la actividade construtiva como un proceso garante dunhas mínimas condicións de eficiencia. Asemade, estás condicións deben estenderse ao período de vida útil do inmoble.

Este compromiso pode graduarse no bloque de decisións que dirixen esta proposta, do xeral ao particular:

– Apostar polo carácter rehabilitador intervención. Neste senso a proposta valora a preexistencia: minimiza a alteración da estrutura e concentra a apertura de ocos nos panos cegos da fachada leste da couzada central. O entullo debería reciclarse na forma de novos muros e pavimentos (véxase a intervención nas zonas comúns e patios).

– Fomenta-lo comportamento do pasivo do inmoble en base ás condicións de partida. Nomeadamente o aproveitamento da inercia térmica dos muros de cachotería, e a creación de baleiros a modo de patio entre eles e os novos recintos. As prestacións destes elementos residen nas súas cualidadades ambientais como arquitectónicas. O incremento do tamaño permite aumenta-las ganancias solares e potenciar o seu carácter semipúblico. Doutra banda a mellora das condicións de salubridade son manifestas.

– Fomentar complementariamente a pasividade en base á implantación dos novos recintos. Aquí requírese a aplicación de estándares coñecidos. A solución construtiva do ‘intraedificio’ procurará a consecución dunha envolvente térmica comenentemente illada e privada de pontes térmicas. A modelización correspondería a unha fase posterior de deseño.

– Optimiza-lo aforro enerxético global do sistema de acondicionamento interior en base á contribución da enerxía solar térmica e a biomasa.

– Ofrecer a posibilidade de completar o ciclo de compostaxe de residuos orgánicos na propia parcela, servíndose das instalacións comúns.

PLANIMETRÍA

El pase de diapositivas requiere JavaScript.