Rehabilitación ambiental del sector sur de la Laguna de Porto Piñeiro (Gándara da Campaña) | Valga, Pontevedra

2021.07 -2022.04 || Proxecto de Construción de senda peonil e vía ciclable na contorna da Gándara da Cmapaña_Rehabilitación ambiental do ámbito  | Licitante: Concello de Valga | A Lagoa de Porto Piñeiro (Gándara da Campaña) abrangue unha lámina de auga de 5,35 ha, ocupando o espazo dunha antiga explotación mineira da que se extraían arxilas para a elabroación de materiais de construcción nas fábricas próximas | Este proxecto pretende a transformación dunha mina a ceo aberto nun espazo de  calidade ambiental e social, convertendo o conxunto das lagoas de Valga nun referente dunha nova relación coa contorna. Esta actuación precura reflectir os valores desa desexada relación co medio natural. O que foi agresivo e impactante deu pé a un novo ecosistema que pode ser reequilibrado dende a acción humana. Se a mina foi unha acción home a lagoa tamén o é, pero neste caso a dinámica natural vai ser o motor.

Contextualización

Nas barreiras das Gándaras Campaña extraeuse barro desde que existe constancia documental, ao redor do ano 1750. Nun principio non foi unha barreira única se non que eran unha serie de barreiras próximas ás diferentes barreiras que ten habido no lugar. O barro non era de grande calidade, senón rico en xisto e con pouca liga. Coa instalación da Cerámica de Campaña (Novo y Sierra) comeza a extraerse barro en grandes cantidades. A barreira principal tomará o nome de Mina Mercedes, nome que xa ten en 1928 no censo da provincia, tendo o número 606 do catálogo. Esta extracción industrial provocará o seu esgotamento nalgunhas das áreas, co que se abrirá a Mina Porto Piñeiro. Nesta etapa o barro mesturábase co que viña de Dena para mellorala súa calidade.

Esta lagoa artificial, de 38.600 m², conta cun fondo de arxila impermeable onde se acumulou co paso dos anos auga, acadando profundidades de 5 m. O fondo é escuro, e non se desenvolve ningún tipo de vexetación acuática. Os bordes son verticais, con vexetación típica de braña: espadana e lentella de auga. A fauna presente na barreira son aves migratorias parrulos ou garzas, e batracios. Na actualidade atópase catalogada no inventario de humidais de Galicia (Código IHG 1140151).

A oportunidade para unha nova paisaxe

O estado da Barreira Gándara é transitorio. Aínda non se ten completado a súa transformación nun enclave naturalizado en equilibrio. Doutra banda a presenza dunha lámina de auga destas características só pode vir considerada coma un recurso. Un recurso paisaxístico nunha contorna dominada pola lectura confusa que ofrece o crecemento en torno a ás vías de comunicación.

Como xa se indicou a revisión dos paradigmas da Infraestrutura Verde e das Solucións Baseadas na Natureza (SbN), fai que localizacións coma a Barreira cobren un interese renovado. Atendendo á ameaza de cambio climático, os humidais se converten en reservas de biodiversidade e sumidoiro de CO2, asumindo as funcións específicas de regulación do ciclo hídrico nos correspondentes medios (neste caso rururbano).

A oportunidade da restauración hidrolóxica forestal nunha lámina das dimensións da Barreira debe ser tida en conta dende o alcance da intervención e a capacidade dun promotor municipal. É coñecido como ata o momento, os casos máis exitosos foron emprendidos por grandes axentes (principalmente corporacións empresariais).

Necesidades obxectivadas

>N1 Incorporación das Gándaras da Barreira como ámbito naturalizado, e con cualidades que permitan a súa integración na rede de espazos públicos auspiciados polo Plan Ágora.

>N2 A aplicación dos principios Ágora dirixiranse –nun primeiro momento- a consecución dunha mobilidade inclusiva (Ag. 3), autónoma (Ag. 4), baixo o emprego de itinerarios peonís e ciclables (Ag. 2, 5 e 10). Estes elementos formarán a rede de conexión co espazo urbanizado circundante.

>N3. O deseño dunha restauración ambiental do ámbito coherente coa vocación dotacional do ámbito. Nesta liña, o estrato vexetal vén de converterse no outro piar fundamental da intervención, xa que supón o elemento distintivo e singular fronte ao espazo transformado. Auga e vexetación procurarán un novo equilibrio que dará como resultado unha nova paisaxe, saudable (Ag. 7 e 8) , asumindo os servizos sociosistémicos presentes na infraestrutura verde.

>N4 . Tendo en conta todos estes elementos a recuperación das Gándaras da Barreira garantiría o dereito ao desfrute deste espazo (Ag. 1), en condicións seguras (Ag.6) xa que a configuración da vexetación permitiría un illamento efectivos dos fluxos vehiculares circundantes.